A Morriña.
Como cada 23 de Febreiro, festexamos en Galiza o día de Rosalía para conmemorar a data do seu nacemento. Poetisa, filla dun cura e dunha muller de orixe nobre, foi feminista na sombra e a día de hoxe é considerada unha icona da galeguidade.
Se hai un sentimento que se identifica con Rosalía e tamén co resto dos galegos; é o da Morriña… Hai algo que nos inculcan a maioría de nós dende o berce; que é o amor pola terra; o amor polo verde do bosque e polo azul do mar… O aprezo pola natureza en xeral. E este apego pola nosa terra, xa nos acompañará polo resto dos nosos días sen importar onde esteamos.
Airiños, airiños, aires,
Rosalía de Castro
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.
Tamén hai xente que non inculca ese amor a os seus fillos e iso entristéceme, porque estáselles afastando dun sentimento que durante séculos estuvo ligado as nosas vidas … O abandono, o descoñecemento e moitas veces incluso o rexeitamento dos nosos propios costumes, das nosas tradicións, da nosa lingua… fará que perdamos parte da nosa identidade e transformaranos en seres casi robóticos; sen nenguna sengularidade, nin atractivo … Pero aínda así non creo que estea todo perdido, porque hai algo que en maior ou menor medida xa vén impreso no noso ADN e iso é o vencello á terra! Foron tantos séculos dependendo das colleitas e vivindo en comunión coa natureza ; que deixou profundas pegadas nos nosos xenes … E cando hai lumes ou catástrofes ecolóxicas como a do Prestige… a xente sae a defender a natureza con unllas e dentes… E sofre, como se sofre por un familiar enfermo, ao ver que unha parte de nós, esa da que máis orgullosos estamos, está en perigo. Unha vez escoiteille dicir a un galego que o peor de Galiza, eran os galegos; sen dúbida unha frase moi nosa.
A terra atrápanos; somos parte dela, pertencémoslle como o resto dos seres vivos… Non conocín a ningún galego que cando nota que se vai achegando a súa hora, non suspire por voltar á súa terra. É un sentimiento xeralizado, una especie de chamada da natureza. Ese forte lazo de unión coa terra que tira por él, é onde creo que está a orixe da Morriña.
A morriña non é tristura como algúns cren. Nin sequera é nostalxia ou melancolía. É un sentimiento de «desacougo». Sentir a incomodidade de que che falta algo cando estás lonxe do teu lugar natural. Tamén é a necesidade de voltar á terra onde pertences.
Galiza foi terra de emigrantes, e sígueo sendo… e de viaxeiros que sairon polo mundo adiante levando o nome da súa lugar de orixe por onde pasaban e que se seguen emocionando ao falar das marabillas da súa terra e da sua paisaxe; porque sabemos que a nosa terra, é o mellor que temos.
Cando algunha vez teño oído dicir que os galegos somos chovinistas, dame a risa. É certo que amamos de xeito exaxerado o noso, pero sen desprezar o alleo. É certo que pensamos que vivimos nun lugar privilexiado. A natureza aínda nos ten enganchados. Ela domina os nosos estados de ánimo cos seus cambios bruscos e as súas diferentes tonalidades de verde segundo a estación. E sí, probabelmente exaxeremos as virtudes e a beleza da nosa terra (aínda que eu, como galega, non o crea), pero é ben sabido que no amor a exaxeración sempre está permitida.




Mañá as 17:30 o grupo de teatro Dar Trela do Carballiño fará unha actuación en homenaxe a Rosalía, diante da tenda O Zoco…
Me gustaLe gusta a 4 personas
Seino, grazas!! 😀 De feito estamos convidad@s a bailar na celebración ,pero eu empecei fai pouco no grupo de baile e non lle dou moito xeito ha ha ha ha Asistirei para animar aos compañeir@s 🙂
Me gustaLe gusta a 2 personas
Pois… bailar bailaches, Carolina! jjjjjjj
Me gustaLe gusta a 2 personas
Bailei, sí señorrr! hahahaha Non era o plan… Dame vergoña pq a cousa está moi verde aínda…pero fallaron tantos compañeiros que houbo que facer un pé! O caso é que eu non te vin, ou non te coñezo… 😦
Me gustaLe gusta a 2 personas
A xente aplaudiu o baile, as pandereteiras e o gaiteiro tamén, e as pequerrechas imitaron os vosos pasos. O millor sí que me viches, pero non me coñeces, aínda que «a miña xente» sí… Non sentín que fora o día de presentarme… deixámolo para outra ocasión…
Me gustaLe gusta a 3 personas
Ha ha ha ha Hai que aplaudirlle á xente para que se anime e participe máis! 😃😄 Cando me vexas dime que eres a filla pródiga e xa! 🤗😉
Me gustaLe gusta a 2 personas