23 de Febreiro Día de Rosalía 🌹

A Morriña.

Como cada 23 de Febreiro, festexamos en Galiza o día de Rosalía para conmemorar a data do seu nacemento. Poetisa, filla dun cura e dunha muller de orixe nobre, foi feminista na sombra e a día de hoxe é considerada unha icona da galeguidade.

Diseño Rei Zentolo

Se hai un sentimento que se identifica con Rosalía e tamén co resto dos galegos; é o da Morriña… Hai algo que nos inculcan a maioría de nós dende o berce; que é o amor pola terra; o amor polo verde do bosque e polo azul do mar…  O aprezo pola natureza en xeral. E este apego pola nosa terra, xa nos acompañará polo resto dos nosos días sen importar onde esteamos.

Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Rosalía de Castro

Tamén hai xente que non inculca ese amor a os seus fillos e iso entristéceme, porque estáselles afastando dun sentimento que durante séculos estuvo ligado as nosas vidas  …  O abandono, o  descoñecemento e moitas veces incluso o rexeitamento dos nosos propios costumes, das nosas tradicións, da nosa lingua… fará que perdamos parte da nosa identidade e transformaranos en seres  casi robóticos;  sen nenguna sengularidade, nin atractivo … Pero aínda así non creo que  estea todo perdido, porque  hai algo que en maior ou menor medida xa vén impreso no noso ADN e iso é o vencello á terra!  Foron tantos séculos dependendo das colleitas e vivindo en comunión coa natureza ; que  deixou profundas pegadas nos nosos xenes … E cando hai lumes ou  catástrofes ecolóxicas como a do  Prestige…  a xente sae a defender a natureza con unllas e dentes… E sofre, como se sofre por un familiar enfermo, ao ver que unha parte de nós, esa da que máis orgullosos estamos, está en perigo. Unha vez escoiteille dicir a un galego que o peor de Galiza, eran os galegos; sen dúbida unha frase moi nosa.

A terra atrápanos; somos parte dela, pertencémoslle como o resto dos seres vivos… Non conocín a ningún galego  que cando  nota que se vai achegando a súa hora, non suspire por voltar á súa terra. É un sentimiento xeralizado, una especie de chamada da natureza.  Ese forte lazo de unión coa terra que tira por él, é onde creo que está a orixe da  Morriña.

A morriña non é tristura como algúns cren. Nin sequera é nostalxia ou melancolía. É un sentimiento de «desacougo». Sentir a incomodidade de que che falta algo cando estás lonxe do teu lugar natural. Tamén é a necesidade de voltar á terra onde pertences.

Galiza foi terra de emigrantes, e sígueo sendo… e de viaxeiros que sairon polo mundo adiante levando o nome da súa lugar de orixe por onde pasaban e que se seguen emocionando ao falar das marabillas da súa terra e da sua paisaxe; porque sabemos que a nosa terra, é o mellor que temos.

Cando algunha vez teño oído dicir que os galegos somos chovinistas, dame a risa. É certo que amamos de xeito exaxerado o noso, pero sen desprezar o alleo. É certo que pensamos que vivimos nun lugar privilexiado. A natureza aínda nos ten enganchados. Ela domina os nosos estados de ánimo cos seus cambios bruscos e as súas diferentes tonalidades de verde segundo a estación. E sí, probabelmente exaxeremos as virtudes e a beleza da nosa terra (aínda que eu, como galega, non o crea), pero é ben sabido que no amor a exaxeración sempre está permitida.

  6 comentarios para “23 de Febreiro Día de Rosalía 🌹

  1. Avatar de fillaprodiga
    21 febrero, 2025 en 5:58 pm

    Mañá as 17:30 o grupo de teatro Dar Trela do Carballiño fará unha actuación en homenaxe a Rosalía, diante da tenda O Zoco…

    • Avatar de un plan infinito
      21 febrero, 2025 en 10:22 pm

      Seino, grazas!! 😀 De feito estamos convidad@s a bailar na celebración ,pero eu empecei fai pouco no grupo de baile e non lle dou moito xeito ha ha ha ha Asistirei para animar aos compañeir@s 🙂

      • Avatar de fillaprodiga
        22 febrero, 2025 en 5:00 pm

        Pois… bailar bailaches, Carolina! jjjjjjj

      • Avatar de un plan infinito
        23 febrero, 2025 en 9:18 pm

        Bailei, sí señorrr! hahahaha Non era o plan… Dame vergoña pq a cousa está moi verde aínda…pero fallaron tantos compañeiros que houbo que facer un pé! O caso é que eu non te vin, ou non te coñezo… 🙁

      • Avatar de fillaprodiga
        24 febrero, 2025 en 5:56 am


        A xente aplaudiu o baile, as pandereteiras e o gaiteiro tamén, e as pequerrechas imitaron os vosos pasos. O millor sí que me viches, pero non me coñeces, aínda que «a miña xente» sí… Non sentín que fora o día de presentarme… deixámolo para outra ocasión…

      • Avatar de un plan infinito
        24 febrero, 2025 en 1:24 pm

        Ha ha ha ha Hai que aplaudirlle á xente para que se anime e participe máis! 😃😄 Cando me vexas dime que eres a filla pródiga e xa! 🤗😉

Responder a un plan infinitoCancelar respuesta

Descubre más desde Un Plan Infinito

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo