
Un percorrido que reúne todos os elementos para ser unha ruta de éxito; paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e cruceiros dignos de ver. Por se fora pouco, a ruta é ademais literaria; pois moitos dos lugares que recorreremos foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán.
Ruta guiada polo Centro de Estudios Chamosos Lamas en colaboración co Concello do Carballiño para conmemorar o centenario da morte da escritora.