Ahamed foi a salsa real do cotarro, marroquí residente en Italia… Non había deus que o entendera! Falaba árabe, italiano, francés pero todo ao mesmo tempo! De Ahamed non teño nada!! Nin sequera a sua direción de email; Porque Ahamed era un «feito no aire» e cambiaba de opinión a cada momento , nunca sabiamos se iba a vir con nos ou tiña un appointment…

Thomas, Connie, Yukari, Valerie, Rocio, a filla de Ron, Ron, AHAMED con carteliño rosa, Tina e Warren
O día da Misa Gospel con Warren foi tremendísimo! Con aquela toda xente tan amable que nos prestaba a biblia e o libriño dos cánticos e andaba con nos a besos e abrazos nunha igrexa na que destacaba a nosa brancura , pois o resto todos eran negros e salerosos. Fora eu a que lle preguntara a Warren se podía asistir a unha Misa Gospel e él sentíuse moi contento e invitounos ao culto donde él acudía cada semana. Así que alí estábamos, alguien lle dira ó oficiante da ceremonia un papel cos nosos nomes e polo micro decía ; Demos a benvida a Rocío de España e eu levantéi a man alegremente a modo de saúdo, e despois démoslle a benvida a Yukari de Xapón e ela coitadiña… non sabía que facer! E así saudándonos de un en un… Eu cantaba feliz e contenta e movíame dun lado a outro como se estuvera en un karaoke e Yukari mirábame de reollo e de vez en cando facía playback, fora eu a que lle insistira en que viñera porque ela pensaba que non debía de facelo porque ela era budista, convencinna decíndolle que todas as relixións eran a mesma e que eu tampouco era relixiosa pero que seguro que no nos arrepentiamos de oir os cánticos e de ver o ambiente dunha misa Gospel. E así foi! Ó final da ceremonia a xente acercábase a saudarnos e despedirse despedirse de nos cun abrazo 😀
Cando rematou a despedida, Warren levounos a visitar ó mandamaís de todo aquelo ó bishop, que era un tipo con pinta mafioso con guarda espaldas e todo, que estaba nunha oficina de lujo con un traxe impecable e cargado de ouro de pés a cabeza! Saudounos en todos os idiomas, logo fixemos un coro e orou… de pelicula! Hai q ver que peliculeros son os americanos! 😉 Salín de aquel despacho de lujo con unha tarxeta na man de aquel home e alucinando! Unbelievable! De pelicula!
A verdade é que nunca se sabe…. As cousas pasan , e eso é o mellor que pode pasar, pero o único certo é q foi inmellorable! Nunca podría ir mellor acompañada e mellor presentada que con Warren , que lucía para a ocasión o seu mellor traxe e unhos zapatos relucientes! Ata sacara a gorra posta á americana que traía sempre, e de volta á casa no seu super coche no que caben sete preguntaba sobre a igrexa en Europa, e porqué nos sorprendera a súa igrexa e se nos gustara… E como sempre que empezaba a falar, xa non podía parar, era como se lle deran corda… E eu votei de menos a miña pillow 😉
O caso e que Warren tiña un rollo!! Unbelievable too!!!
Outra cousa impresionante da misa, ademáis dos elegantes que iban todos (excepto nos) eran os peiteados, menuda pasada!! A de tempo e paciencia empregados naquelas cabezas! 😀