Thomas, un alemán «al uso».

Thomas observábame dende o primer día cando me autopresentéi no aeroporto… e como logo puden comprobar; quedara asombrado coa presentación, súper espontánea… porque  os alemanes non son coma nós! Era alto, rubio, estudante de arquitectura e un pouco soso;  axustábase ben ó estereotipo alemán.

O papel donde Thomas me deixou o seu enderezo escrito.
O papel donde Thomas me deixou o seu enderezo escrito.

Thomas era o máis políglota de todos; aproveitaba para falar francés con Valerie e Ahamed, as veces italiano e ademáis falaba inglés moi ben ó que lle supo sacar partido no seu discurso final de despedida.Tamén estaba interesado no  Español  e tratéi de ensiñarlle algo pero creo que Yukari aprendeu máis  ca él .

Coñecía España e tamén estivera en Galicia, pois a súa ex moza e máis el, pasaran un verán en santiago, porque ela facía un curso de español en Noia. E a verdade que el lembrábase ben de todo.

Thomas quería comer tortilla, e o día que me tocou facer a dinner a mín , fixen unha tortilla xigante para everybody, incluído Warren e del escoitéi a mellor frase que poidera escoitar nunca: «It is perfect , like you» Thanks! pola miña parte , of course.

O día do tour pola noite tamén puiden oir  unha frase algo rara, que casi non puden entender  e respondín con un sorry e logo topeime con un Thomas e unha Connie algo cotillas e moi interesados na miña vida, así que paséi deles mogollón e ata invitéi a Rodney a cenar con nós, e a pesar de que Rodney, o noso veciño tejano e actor xa ceara , e ata postreara… zampouso o prato que lle puxeron diante. I can believe it!!

A única foto que teño donde sae Rodney, dediante de todos con camiseta azul ;)
A única foto que teño donde sae Rodney, dediante de todos con camiseta azul 😉

Rodney parecía algo tolo e ata facía á perfección  a imitación de Forrest Gump. Pero non é el sólo, logo fun vendo que hai moitos americanos con ese tembleque ao falar e que non paran de moverse. Tamén John, o profesor lector de Inglés que tukari tuvera na facultade, era así.

En canto as preguntas que facía Thomas e as súas suxerencias; fixéronme pensar que aínda que os idiomas dificultan a capacidade de catalogar á xente, non son determinantes.

  1 comentario para “Thomas, un alemán «al uso».

Deja un comentario

Descubre más desde Un Plan Infinito

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo