Thomas observábame dende o primer día cando me autopresentéi no aeroporto e como logo puden comprobar, quedara asombrado coa presentación porque os alemanes non son coma nós! Era alto, rubio, estudante de arquitectura e un pouco soso; axustábase ben ó estereotipo alemán. Thomas era o máis políglota de todos; aproveitaba para falar francés con Valerie…
