Tina, unha rapaza made in Germany :)

Tina foi a a última en chegar a Second Mile.

Tiña o pelo tan rubio que casi parecía branco, e ese era o rasgo que máis chamaba a atención do seu físico. Tina igual que Connie e Thomas era alemana, e vestía con ese aire descoidado que teñen moitos alemanes. Era estudiante de American Studies e pasara todo o ano en Boston de au pair, así que chegou falando inglés polos codos.

yuki1-14

Thomas, Rocio, Tina, Valerie e Yukari dediante do museo de arte moderno de Filadelfia pola noite.

É dificil, e leva máis tempo xuzgar a unha persoa que non fala na tua lingua, pero pareceume que Tina era moi recta e algo mandona e que tiña ademáis algúns problemas cos seus compatriotas. Discutía con Thomas , e acababa decíndolle que non sabía como se atrevía a falar de beisbol cando non tiña nin idea! Tamén con Connie tuvo algún problema, sobre todo enfadouse e non sen razón, cando Connie levou  os negativos de Tina a revelar o último día que estábamos en Phily  e logo non foi por eles. Os negativos de Tina tuveron que quedarse en Phili esperando que Gerry os mandara por correo xunto coas fotos.

Tina tamén era pro-americana;  tiña mozo americano e decía que os homes alemanes non lle gustaban nada,  e ata un día dixo que a comida americana non estaba nada mal… O cal nos deixou a todos un pouco  flipados, ata ela se diu conta e calou a boca ao ver que naquela casa non había tantos fans da carne embutida en plásticos, como a que aquí se lle dá os cans, a mantequilla de cacahuete, o pan de molde para todo e os espaguetis en lata.

Pero o que Tina non soportaba era que Thomas e Connie falaran en alemán entre eles. Eu decíalle que non vía nada malo neso, e que non me parecía de mala educación , porque estaban falando entre eles, e se eu lles preguntaba algo, eles contestábanme en inglés…Ademáis, non me viña mal oir falar en Alemán. O que non se entendería moito sería que tuveran unha conversación entre eles en inglés sendo os dous alemanes e falando o mesmo idioma… Digo eu!

yuki1-12

Thomas, Connie, Yukari, Valerie, Rocío, Warren’s wife, Ahamed, Ron, Tina e Warren. Polas rúas de Filadelfia.

Ah! Outro dos rasgos característicos de Tina é  que Tina era unha vexetariana apostólica romana … De esas que levan o vexetarianismo como unha cruz… Sempre de víctima… E en América, non é doado sobrevivir sen carne.

Así foi que cando fomos a o restaurante  donde fan o mellor cheesebeef de Filadelfia, Tina quedou en albis… Bebendo unha coca cola e mirando cada bocado que lle metíamos a aquel  delicioso bocadillo de carne e queixo derretido … E así estuvo a pobre… mirándonos ata que rematamos;  porque naquel sitio tan especializado,  non había  ningunha opción vexetariana.

 A mín, que tampouco son de comer carne … Chamoume a atención que ela o levara tan a raja tabla e pregunteille se o facía por saude, ou por respecto os animais…No me contestou nada. Logo pregunteille se era como unha especie de relixion… Eu son das que penso que se non é por unha relixión, nin che fai mal… Podría probar a comida e facerlles o honor  a aquela xente que nos levara a aquel sitio con toda  sua mellor intención porque consideraban que era o mellor sitio naquela especialidade e sentíanse mal ao ver a Tina estaba sen probar bocado.

Para coñecer un pais , has de andar por onde eles andan e comer o que eles comen… Ao menos eso é o que penso eu.

Despois o problema repetiríase, pero esta vez en sentido contrario e con Ahamed … A noite que lle tocou cociñar a Tina, fíxonos un prato vexetariano e  Ahamed mirou o prato xa con mala cara,  e negouse a probalo, por suposto ela quedou realmente ofendida.

Documento escaneado

Tina, sempre perfecta! 🙂

Pero todo pasaba pronto, sen reconres! E Tina  volvía a ser  tan amable e tan correcta con todos, sempre buscando a perfecccion en cada cousa que facía e falando un  inglés perfecto e a toda velocidade!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Law that attracted me!

My transition from outwardly rituals to internal mantra of sub conscious mind

Dr. Daniel Garay Lechuga

Cirujano general / Cirujano endocrino

VISUALIZE

A site dedicated to the dissemination and promotion of the visual arts by Visual Huesca.

Profusión Real Estate

Te mostramos tu hogar

Eliane Mariz

Li - teratura

contintazul

de donde inspirarse

Apurando el Futuro

Disfruta Viajando. Diario de Viajes

Buds of Wisdom

READING-WRITING-SPEAKING-LISTENING @ONE PLACE

Irreflexiones

Pensamientos perezosos, especulaciones y sospechas

Endless dreams and boundless imaginations!

We only live once. Hence, let's not stop dreaming

Un Plan Infinito

“No vayas a creer lo que te cuentan del mundo, ni siquiera esto que te estoy contando, ya te dije que el mundo es incontable” Mario Benedetti

The world and its inhabitants

in this site the writer is trying to writing about a big creation of God

Road In The World

Bienvenidos a una aventura sobre ruedas que nos os dejara indiferentes

Oriflame con Luli

Liderazgo al 100%

fernandocastellano.com

El Sitio de Fernando Castellano Azócar

EvidenceMutumbu

Kingdom marriages,business and lifestyle

A %d blogueros les gusta esto: