Connie e o Art Museum de Filadelfia

Connie é unha nena. Sonríe por todo e traballa de forma moi eficiente, pero é de esa xente que non soporta os grupos e casi nin se relacionou. primeiro estuvo cos seus invitados; Marious e Rolland e logo cando eles se foron ,quedou no piso de abaixo polo que alguien , non lembro quen chamolle a atención e lembroulle que o piso de abaixo era o dos rapaces… Dende aquel momento empezou a andar máis con Thomas, e non teño claro o tipo de relación que tiñan.

Art Museum Philadelphia.

O Domingo , era o día «free» no Museo de Arte de Filadelfia e ata a unha do medio día cobraban 0 $ por entrar! 😀

Como sempre que saimos todos xuntos, acabábamos diseminados , pois todos tiñamos intereses diferentes, Yukari e Valerie Xapón e China, eu o templo hindú e a arte moderna…Así que puxemos unha hora ,para quedar : ás tres na recepción.

Pero cando decidimos poñer a hora Thomas xa non estaba e Ahamed coma sempre, pasara de vir con nos.

Ese día Connie non se separou de mín nin por un momento… Veu conmigo ao templo Hindú, e logo vimos xuntas «Os xirasoles» de Van Gogh que eu nin sabía que estaban alí… e outros cadros bastante horrorosos del que descoñecia; retratos da sua muller e do seu filllo en cor verde, e un fatalísimo con title «rain» cousa fea por dioss! Será que odio a chuvia!!

Así vin eu os xirasois ;)

Así vin eu os xirasois 😉

Máis tarde fun ó baño  e cando me dín conta , xa perdera a Connie e así puden seguir máis veloz o meu traxecto. Sorprendeume «A premonición da guerra civil» de Dalí, e algún que outro cadro de Picasso. O tempo no museo pasaba moi rápidamente e de súpeto topeime ocn Thomas nunha sala e díxenlle «Hola» Pola sorpresa, e logo comuniqueille que en dezminutos tiñamos q estar abaixo, pero o raro foi que as tres en punto topámonos todos na tenda do Museo , pero nadie mercou nada. Entonces Yukari e Valerie dixeron que elas preferían quedar no museo unha ou duas horas máis; Tina quedara cunha amiga sua de Alemania, Begina  que traballaba nun hostal de N. Y. e que só viña de visita, e Thomas, Connie e máis eu, fomos a comer a un Mc Donalds no que podías comer 6 donuts por 1 $.

Reunímonos todos na Libertybell como quedáramos  e Connie escribiu esto para mín:

Documento escaneado

Logo fomos á casa con Begina, donde Ahamed nos esperaba coa cena feita.  Fixemos un comedor xuntando sillas de todas partes e ata puxemos un vaso con lilas que nacían no xardín.

A verdade que aquelo parecía unha casa; sería de tanto oir decir que eramos unha familia… «We are family ♪ ♫ ♩«

We are familyyyyyy

We are familmilyyy…

Esa noite Connie preguntoume se ó rematar o campo me iba con eles a N. Y.  tamén podía baixar logo ata Florida. Alugaran un coche e iban a viaxar tres semanas máis, pero díxenlle que non podía porque tiña que regresar a España para traballar…  Entonces chamoume vella!! :O Connie tiña 18, así que tiña toda a razón en chamarme vella!

Deja un comentario

Descubre más desde Un Plan Infinito

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo