Persoas Humanas. Para Lucía :)

mujer-de-espalda

Pode parecer o título  «Persoas humanas»  unha redundancia , pero eu non o creo.

Ao longo da vida pasan por nós  centos, miles, millóns de persoas … E aínda que  algunhas podan ter un parecido entre elas  ou lembrarnos a alguén que xa coñecemos , non topas duas iguais!


Entre toda a xente que pasa , sempre hai quen aparece na nosa vida como suliñada  cun  marcador amarelo fosforito.

Nin lazos familiares, nin amor a primeira vista … É esa extraña química que de repente nos une a algunhas persoas  e que fai   que as sintamos como parte do noso círculo máis cercano  , nada máis coñecelas. E non falo tampouco de amizade , porque esas relacións especiais , son as veces  estrañas e dispares en edade e circunstancias , e xurden porque de repente, se produce un chispazo, unha forte empatía! As veces duran o que dura un curso,  un campamento, ou unha estancia no hospital.

Son esas persoas transparentes e abertas, que podes mirar por dentro como te miras a tí mesma,  que aparecen só en ocasións e que fan que recobres a fé na humanidade.

Mentras dura esa situación que compartides  ,  disfrutas da sua compañía e enriquéceste como persoa . E  cando remata ,  quedan no teu pensamento para sempre como esos seres marabillosos que pasaron pola túa vida e que quizás agora estén pasando pola vida doutros , facendo a súa existencia máis levadeira. Neste  percorrido pola vida, xa son varias as que me teño atopado , e sei que debo de sentirme afortunada por eso.


Hoxe foi un día importante para unha delas . Ten 18 anos e unha vida prometedora por diante.  É unha loitadora , unha sentimental , unha mezcla de espontaneidade e tolería , un encanto de rapaza e sen dúbida unha persoa humana marabillosa. Probablemente cando o curso remate , non volte a vela , ou  tardemos moito en volver a atoparnos … Sei como é esto , porque xa foron moitos.

Pero ela , como esos outros , terá un espacio reservado na miña mente , un sorriso dolce cada vez que a lembre,  e o desexo de que tope o seu camiño e a sua felicidade.  E sempre que pense nela , lembrarei a súa despedida de hoxe , na que usou moi apropiadamente as verbas  de Rosalía  «Mais ó que ben quixo un día, si a querer ten afición, sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón»

17 de Maio día das letras galegas  (Dun relato adicado a unha alumna no 2013)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Law that attracted me!

My transition from outwardly rituals to internal mantra of sub conscious mind

Dr. Daniel Garay Lechuga

Cirujano general / Cirujano endocrino

VISUALIZE

A site dedicated to the dissemination and promotion of the visual arts by Visual Huesca.

Profusión Real Estate

Te mostramos tu hogar

Eliane Mariz

Li - teratura

contintazul

de donde inspirarse

Apurando el Futuro

Disfruta Viajando. Diario de Viajes

Buds of Wisdom

READING-WRITING-SPEAKING-LISTENING @ONE PLACE

Irreflexiones

Pensamientos perezosos, especulaciones y sospechas

Endless dreams and boundless imaginations!

We only live once. Hence, let's not stop dreaming

Un Plan Infinito

“No vayas a creer lo que te cuentan del mundo, ni siquiera esto que te estoy contando, ya te dije que el mundo es incontable” Mario Benedetti

The world and its inhabitants

in this site the writer is trying to writing about a big creation of God

Road In The World

Bienvenidos a una aventura sobre ruedas que nos os dejara indiferentes

Oriflame con Luli

Liderazgo al 100%

fernandocastellano.com

El Sitio de Fernando Castellano Azócar

EvidenceMutumbu

Kingdom marriages,business and lifestyle

A %d blogueros les gusta esto: