HISTORIA MÁXICA DA VERACRUZ
«Falando do día que colocaron a primeira pedra da Veracruz, o avó de Pabliño contoulle que aquel día se levantara moi contento, porque O Carballiño era unha festa… a xente pechaba os negocios para ir a inauguración e ademáis non houbo cole!! Aquel día o grupo escolar pechou para que os nenos poideran acudir á inauguración e alá foron todos…
Don Evaristo co seu traxe negro ata os pés, estaba no medio dirixindo o cotarro. Había moita xente, non quedara nin can nin gato nas casas, porque unha cousa así non pasa todos os días! Os rapaces enredaban por onde os deixaban, ata que alguén dixo que iban a proceder a facer unha cápsula do tempo… os nenos non sabían que era aquelo. Así que atenderon á explicación, e diante dos seus ollos viron como nunha caixiña procedían a meter as moedas correntes, e un xornal do día… pode que algunha cousa máis, pero o avó de pablito non chegaba aos 10 anos e non pode lembrar moi ben que foi todo o que meteron dentro… pero aquela parafernalia parecíalle marabillosa e permaneceu mirando fixamente cos seus compañeiros como aquel cofriño era colocado no chan e xusto encima del a que sería a primeira pedra da Veracruz!!! Nunca máis verían o contido daquela caixa… isto non sei se soprendeu a Pabliño pero a Rocío deixouna asombrada e empezou a preguntar para qué a deixaran alí… Quén podería ver aquela caixa? Quizás no futuro cando o noso planeta fose tomado polos simios… Despóis dunha guerra? Quen sabe!!
Pero tanto lle gustou aquelo da cápsula do tempo que colleu unha peseta e un peso, e unha pulseira feita de fío, logo escribiu unha carta coa data exacta e dirixida os poboadores do futuro e enterrouno todo na finca, metido nunha botella, contando cinco pasos ao norte dende unha árbore que agora xa non existe…»
(Relato tomado do libro inédito «HISTORIA MÁXICA DA VERACRUZ», de Rocío Tizón)
Este relato pertence a algo que lle contéi un día a un amigo por email e él decidiu publicalo nunha páxina que ten e poñerlle un título ao «meu libro inédito» 😉 Gracias Juan, por animarme a escribir!
Foto de portada de Anxo Santiamil do documental O Templo da Veracruz.