29 de Setembro
Yukari segue co seu diario… Teño que decir que eso foi o que me animou a mín a escribir o meu…
Escribe, debuxa,pinta, pega entradas do cine e tickets das tendas… é formidable vela co seu estuche de pinturas pola casa adiante, e tan ben escribe no comedor, como na cociña, como dentro do sleeping-bag.
Ela segue ó seu rollo, extrañandose de que a xente non invente nomes para os seus fillos, e que os nomes se podan repetir na escola…
Móvese despacio, fala despacio e as veces sorprende cando dí que de pequena envidiaba a sua irmá Manami porque un dos seus kanjis significa beauty… Tamén foi asombroso cando me dixo que Warren era handsome, non me esperaba semellante apreciación pola sua parte! :O
Warren é o noso monitor, é algo asi como Will Smith pero en cachas, e cargado de ouro como un christmas tree!
É divertido e simpático, moi simpático! E como todos, él tamén ten a su historia…
Pero volvendo a Yukari… Yukari ten unha roupa de traballo máxica e por eso nunca se ensucia; deportivos negros, pantalóns vaqueros e unha camisa de cuadros roxa, que foi a mesma roupa que levaba cando a coñecín.
Con Yukari pasáronme moitas cousas divertidas. O segundo dia en Phily, Yukari e mais eu levamoslle a cea a Yuki a sua habitación, pois pensamos que estaría enfermo e por eso non viñera a cear...Yuki, e o outro xaponés do grupo que viña o proxecto. Española sólo era eu , e creo que cheguéi ben!
Yuki era tímido e case non falaba inglés, ese foi o último día que o vería, pois ó día seguinte soupemos que se fora, disque a Mexico para visitar a un amigo. (Sen despedirse de nadie)
Yukari sentiuse moi mal por eso , porque pensaba que a culpa era sua, por non falarlle en xaponés porque ela quería practicar o inglés. A parte desto, que non foi en absoluto divertido; Yukari e máis eu disfrutamos de moi bos momentos…
Demostramos a nosa arte pictórica pintando a parede da store, todo en yellow. Os nosos estilos eran moi diferentes e interesantes a la par 😉
Pero unha das nosas aventuras primeiras e máis divertidas, ocurriunos o noso primeiro día na laundry do barrio…
(Unha lavandería de esas típicas nas q baixas co teu cestiño, metes a roupa e esperas mentras ves a tele, lees unha revista ou falas co propietario que era un home ben majo)
Aquel día non había nadie para axudarnos e todo eran problemas! Para empezar, ningunha das duas tiña idea de como funcionaban aquelas lavadoras, e por eso motivo , tuvemos que pagar duas veces! Pero ese non iba a ser o único problema… Buscamos xabón, e ó ver que se chamaba Ajax, leímos o prospecto e descubrimos que era para lavar o chan, diunos a risa e collemos outro que había ó lado en polvo e botamos a lot, pois pensamos que a nosa roupa estaba sucia de abondo. Tan pronto como empezou a funcionar a whashing machine, púxenme a leer e no prospecto decía que tamén era para lavar as superficies; os chans, e todo eso…e cando llo ensinei, empezamos a reír como tolas!! Pero eso non foi todo, porque como ben decía Yukari, as lavanderías son moi funny ! Yukari levaba o seu diario á lavandería tamén , e mentres eu vía a tele, ela preguntábame que pasara ese día, para así poder escribilo todo no seu diario, e calquera cousa lle parecía importante.
Cando rematou a lavadora, collémolo carrito para levar as cousas á secadora e foi entonces cando eu descubrín something strange, e pensando que era de yukari pregunteille «What is it? E ela non dixo nada; entonces, cando iba toda disposta a metelo na secadora , berroume » No, to the dustbin!» Ahhh! Era un salvaslip que se lavara coa roupa e estaba branco e inchado como unha esponxa, cando nos dimos conta do que pasara e da miña confusión xa non pudemos parar de rir… e nese momento entrou pola porta da lavandería o noso veciño Rodney; un tipo peculiar ademáis de actor de profesión, ó que tamén habrá que adicarlle unha páxina, polo menos…
O caso é que chegou como papa noel coa bolsa de basura ó lombo cargada de roupa sucia , e nós que non dabamos parado de rir , nin para contarlle os nosos problems… Por suposto omitimos o último, porque non sabíamos nin como explicarllo!
A pesar de que Yukari tiña a roupa indispensable, sempre iba impecable, of course, ao seu estilo… Con un sombreiro novo mercado no Soho NY, zapatillas adidas eo seu bolso de charol branco e negro, ademáis tiña un chuvasqueiro amarelo, un vestido corto, unhos levis, un jersey verde, un twinset e un chandal e unha cousa como unha lámpara de araña de plástico para colgar as bragas e os calcetíns, aínda así non sei como todo aquelo podía ir na mochila que lle vín o último día, e máis aínda se contamos que dentro tamén iba o seu secador de pelo…
1 ICHI 2 NI, 3 SAN, 4 YON,5 GO, 6 OROKU, 7 SICHI, 8 NACHI, 9 KIU, 10 YU
Yukari, a quen na sua casa chamaban Yucata, ensinoume os números en xaponés e eu ensineille a cambio un trabalinguas 😉