Con un montón de retraso , empezo a escribir o que debería de ser o meu diario de viaxe a América. Xa non sei en que idioma falo! Fai días que non oigo nin unha sóla palabra en español; ríome da xente vai a facer cursos de inglés a Londres…
Esta experiencia esta sendo moi interesante e co tempo o interés vai en aumento; imaxino que ésta, como casi todas, será unha experiencia irrepetible… Quen sabe!
Cheguei o día 25 as catro da tarde hora de Philadelfia, despois dun longo dia de viaxe con un rápido transbordo en Amsterdam, e para rematar os de inmigración ( que non me pareceron moi normales) fixéronme cubrir un montón de formularios e tuvéronme un bo rato retida.
Estaba farta, cando cheguei á saída coa miña bolsa e sen nada que declarar, fun a un teléfono para chamar ó tal, Gerald ou Ronn ( que eran os meus contactos) pero é todo tan complicado aquí, e eu estaba tan cansada que decidín pedirlle axuda a un rapaz guapísimo que tamén estaba chamando pero nada, nin así!
Entonces vín a outro rapaz rubio que me miraba e díxenlle: Help! Like always jajajajaja Bo xeito de empezar unha conversación 😉
Que alegría! Era Thomas, e tamén viña á misma organización, díxome que Ronn viña a buscarnos, xa chamara él…
Como tuvera que mercar unha coca cola para conseguir change, inviteino e él aceptou medio asombrado, porque os alemanes xa se sabe… non son coma nos! Deixeino bebendo e púxenme a falar coa miña casa. Logo fun o baño e deixeino coidándome as cousas… Toparme con Thomas, fora un choio! 😉
Mentras esperábamos, de repente apareceu unha super-abuela repartindo besos e abrazos e dándonos a benvida, e fomos con ela hacia un coche branco xigantesco que manexaba un negro que se parecía a Bill Cosby, todo elegante vestido de traxe… Era algo así como a voda do meu mellor amigo; o coche descapotable e os meus pelos voando, facía un día despexado e precioso e alí íbamos a toda velocidade por unha ponte impresionante , mentres ao outro lado esperaba Filadelfia (Esperaba? Por nós?)
No coche pasáronnos un album de fotos da voda do que sería Warren… Pero eso xa e outra historia…
( Sentinme como na perruqueiría e entretuvenme mirando aquelas fotos de voda, donde todos eran negros, guapos e elegantísimos!
Cando chegamos a «Second mile» abriuse a porta do baño e apareceu unha rapaza xaponesa, era Yukari con un secador na man máis grande ca ela, esta imaxe repetiríase durante toda a nosa estancia ( Yukari alisando o pelo…de ahí a fama do alisado xaponés!! Supoño!)
O principio non me foi facil lembrar o seu nome, e ela contoume que cando no Xapón nace un neno, os seus pais inventan un nome para él con kanjis, que son os signos ou caracteres xaponeses;YU significa felicidade, KA significa fragancia e RI significa fogar; eche ben certo que a cultura xaponesa e sorprendente, e cada vez interesabame máis.
Contoume que a sua avoa sempre leva kimono. E ela tapa a boca o rir, fala despacio e move os ollos como un gremly (…dos bos, claro!)
Pero o máis sorprendente é que ela tampouco distingue un chino dun xaponés! :O