O viernes pasado comenteille a unha alumna que o sábado iba a un blogtrip na Estrada e a sua resposta foi : «Guauu! E eso que é? Soa moi porno!» Díxenlle que era un encontro entre bloggers nun lugar determinado para dar a conocer un sitio nas redes sociais» E entón respondeume… «J****! Pero eso é moi friki»
Fíxome gracia; porque esa é a idea que tería calquer adolescente… Pero qué é realmente un blogtrip? En que consiste?
Un blog trip é un evento organizado para bloggers por oficinas de turismo, concellos , empresas… co fín de promocionar o seu destino ou os seus servicios en internet.
Pertenezco a unha asociación de blogs de viaxes, Galicia TB e recientemente fomos convidados a un Blogtrip na Estrada, para mín era a miña primeira experiencia nun blogtrip e teño que decir que non pudo ser mellor.
A Organización inmellorable do Concello da Estrada:
Kike o encargado do evento do Concello da Estrada mandounos unha ficha para cubrir cos nosos datos e a partir de ahí creouse un grupo de what’s up e através do grupo e máis do email fomos recibindo puntualmente toda a información.
O plan da visita completo; lugares a visitar, o menú para a comida, así como a posibilidade de cambios por razóns de alerxias alimentarias etc, os consellos sobre o vestuario que deberíamos de levar ó evento e ata as coordenadas para chegar a Estrada. O día antes lembrounos a necesidade de que fóramos puntuais co fín de non retrasar as visitas.
O PAZO DE OCA
En primeir lugar visitamos o Pazo de Oca declarado Bien de Interés Cultural e actualmente propiedadade dos duques de Medinacelli. O pazo señorial consta de varias edificacións de estilo barroco que inclúen unha capela en honor a San Antonio, patrono do pobo.
Pero polo que realmente se coñece o Pazo de Oca é polos seus impresionantes xardíns, polos que mereceu o alcume do Versalles Galego.
O conxunto axardinado é unha verdadeira marabilla, co plus de que vai cambiando dependendo da estación do ano no que o visitemos… mirtos, calas, gran variedade de camelias, azaleas, rododendros, e hortensias que son as frores típicas dos pazos ademáis de ser perfectas para o clima galego a penas necesitan de mantemento ademáis da poda anual. Entre esas prantas tipo arbusto totalmente adaptadas ao noso clima tamén hai outras prantas traídas de terras lonxanas pero que conseguiron aclimatarse perfectamente como a plantación de kiwis ecolóxicos e algunhas outras prantas ornamentáis. E como en todo pazo galego que se precie as verzas, as couves e os repolos aparecen totalmente integradas no xardín no medio de mirtos con formas xeométricas , digno de ver! 🙂
Tamén destacan o paseo dos tilos, os buxos, os laureiros recortados formando unha especie de tapiz, o laberinto de mirtos e dos camelios no que non é dificil perderse… E esa parte do xardín adicada por expreso desexo do seu actual propietario aos contos infantís. Na entrada desta parte do xardín aparece un libro aberto feito de mirtos e cando nos vamos adentrando no xardín podemos ver figuras feitas en mirtos das persoaxes dos contos, como Peter Pan, Alicia a través do espello, Nesi o monstruo do lago Ness...Unha parte do xardín tan creativa como chamativa e curiosa, algo así como un antoxo cumplido non sin traballo polo xardineiro.
Os xardíns teñen outros lugares cheos de encanto e maxia propio dos xardíns de clima oceánico con moita pedra , moita auga e moito musgo… Unha ponte que une dous estanques e que é toda unha alegoría da vida; a representación das virtudes e as vanidades e cunha barca de pedra no medio adornada con frores a pesar de representar unha barca de guerra… Ao xardín non lle falta de nada; lavadeiros, pías, cabaleirizas, un muiño e xarróns de porcelana con debuxos en tonos azuis; os de dentro son os orixináis, de cerámica de Sargadelos os de fóra, son imitación dos primeiros pero feitos na Cartuja de Sevilla. Un verdadeiro xardín encantado.
Os salóns aos que pudemos acceder son amplos , altos e fríos, propios dun castelo e a capela, é a igrexa que para sí quixeran moitos pobos.
O AREAL DE BERRES
Un lugar tranquilo e con encanto, situado na beira do río… Unha zona moi coidada, froito do traballo dunha persoa empeñada en crear un espacio verde recreativo e de ocio… Con detalles preciosos en pedra e madeira é unha verdadeira marabilla para os sentidos. No Areal de Berres celébrase cada ano a noite de San Xoan e decíame a xente que coñece esa noite, que o día seguinte o espacio volve a estar igual de ben coidado, respetase a natureza.
O LAGAR DE RIBELA
Subimos en autobús por unha estrada chea de curvas ata a aldea de Ribela. Alí recibíronnos Jesús Armentros e Isa Arca. Él salmantino, ela natural de Ribela.
Unhs emprendedores, unhs valientes de esos que teñen un soño e deciden facelo realidade e que dende hai unhs anos fabrican sidra ecolóxica ao estilo tradicional, como se facía antes nas casas. Por qué malvender as mazáns para fóra de Galicia podendo facela aquí?_ Dinos Jesús con tan bo galego que calquera diría que é charro.
O lugar é precioso e a sidra un auténtico manxar. Fabrican tres variedades; «Bágoas na choiva» é a miña preferida, xa sabía eu que con ese nome tan poético non podía decepcionarme, e outras duas variedades tamén ecolóxicas comercialízanse en botella e en botellín. Para nós fixeron unha sidra quente ao estilo caldo que estaba riquísima, e para acompañar as sidras ofrecéronnos magníficas viandas da zona; queixos variados, chourizos de porco e de potro, salchichón, tortilla de patacas… Un trato inmellorable o desta parella que empeza a introducir o seu producto no mercado Norte Americano con bastante éxito. Desexarlle dende aquí moita sorte a este gran equipo, pola sua dedicación e a súa valentía.
http://www.lagarderibela.aestrada.com/
A CASA DA PASTORA
Baixamos a comer á Casa da Pastora; unha casa rural señorial donde nos convidaron a un típico xantar galego de festa; sopa de cocido, cocido completo e de postre filloas e queique. A mesa foi bendicida polo crego do entroido, o Padre Xiao e ao remate recibimos a visita dos Xerais da Ulla, que fixeron unha divertida actuación e remataron deixándonos probar o seu traxe de Xerais 😀
E como sempre, hai que dicir que é o capital humano o que marca a diferencia…
Un pazo barroco, unhs xardíns marabillosos, un lagar tradicional, unha casa rural… pero o que verdadeiramente valeu a pena foi a boa acollida que recibimos polos estradenses.
Grazas a Kike, ao concellal de cultura da Estrada, a Ina o xardinerio do Pazo de Oca que nos acompañou durante toda a nosa visita polo pazo para contestar as nosas dubidas, a Silvia que nos explicou cada parte do pazo , e a que lle debemos mil desculpas por pararnos en cada recuncho para facer fotos e descoidar a súa explicación, a Jesús e a Isa de Sidra Ribela, pola sua amabilidade e a sua simpatía e a todos os camareiros e persoal de Casa Pastora que tan ben nos trataron, así como á conductora do autobús posto polo concello para os nosos desplazamentos, a o Padre Xiao e aos Xerais do Ulla , porque sen todos eles e sen o resto de compañeiros bloggers nada desto sería posible.
Así que non sei a que esperades para visitar a Estrada! 😉
Me ha encantado la entrada, así da gusto aprender gallego 🙂
Precisamente estas Navidades cuando estaba en Sevilla fui a ver la Casa de Pilatos, propiedad también de los Duques de Medinaceli, y nos hablaron del Pazo de Oca. A ver si puedo ir pronto!
Me gustaMe gusta
Te va a encantar! 😀 Si vas en primavera dame un toque y voy contigo! Todo ese jardín en época de floración, tiene que ser la caña!! 😉
Me gustaMe gusta
Jaja lo mismo me ha dicho Maruxaina! Me esperaré a abril y mayo y os aviso 🙂
Me gustaLe gusta a 1 persona
Organizamos outra excursión nun momentiño de nada 😉
Con ganas de voltar en primavera !!!
Me gustaMe gusta
E se vamos en grupo pagamos a metade! 😉 jajajaja
Me gustaMe gusta